O 18 e 19 de agosto, a Banda Sinfónica Infantil de Galicia realiza a xira «Sons de Amizade» polas terras do Eume e Ortegal.
Para todos os que pensades vir ós concertos ou ainda non vos decidistes, ¿Qué mellor ocasión para coñecer As Pontes e Ortigueira?
Proposta Cultural
Coñece As Pontes, Experiencia Industrial
As Pontes, coñecida como a vila dos cen ríos, destaca polo seu protagonismo merecido das súas antigas e conservadas pontes, onde se configuraron como imprescindibles para salvar os camiños de auga que atravesan o municipio e que nos achegan a gratificante riqueza hídrica.
Descúbrea na web oficial de Turismo: http://www.turismoaspontes.com
Ortigueira, Son Mil Cousas
Beleza e contraste de paisaxes. Mar e montaña. Paraíso das músicas do Mundo Celta, coa mellor gastronomía e as xentes máis hospitalarias. Ortigueira, un tesouro por descubrir na costa norte galega.
Descúbrea na web oficial de Turismo: http://www.turismoortigueira.com/