Turismo cultural en O Rosal, Goián e Tomiño

O 25 e 26 de agosto, a Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia realiza a xira “Sons de Amizade” polas terras do Baixo Miño.

Para todos os que pensades vir ós concertos ou ainda non vos decidistes, ¿Qué mellor ocasión para coñecer O Rosal, Goián ou Tomiño?

Proposta Cultural

gira eventi (2)

 O día 24 de Agosto:

Ei Cantar coa Agrupación Musical de Goián. (Homenaxe ós Tamara). 22:30h. na Praza do Seixo (Tomiño)

Coñece O Rosal: Terra de viño, músicos e natureza!

Unha boa proposta para coñecer O Rosal (en tres días) é a seguinte que nos ofrece Galicia, o bo camiño.

Paseando entre viñedos, mar e viño no Rosal (Click aquí para ver a proposta)

Propoñémosvos explorar a arte de facer viño no Val do Rosal. Os viñedos encáixanse en paisaxes de gran beleza, nunha natureza favorecida pola suavidade do clima e a influencia marítima e fluvial. Tamén é aquí onde o Atlántico recibe ao río Miño e onde este nos une ao veciño Portugal.

Para outro tipo de experiencias, visita:  http://portal.concellodorosal.es

Coñece a Agrupación Musical de O Rosal: http://www.agrupacionmusicaldorosal.com/

Tomiño: Natureza e Patrimonio a carón do Miño.

Unha das características que marca este territorio é o discorrer do último treito do río Miño, que de forma queda salva unha escasa pendente para desembocar no mar, formando un amplo e fermoso estuario, refuxio de numerosas especies de aves, e cunha rica biodiversidade característica destes espazos onde se mestura o mar e o río. Trátase dun espazo transfronteirizo, compartido con Portugal, no que se desenvolven accións coordinadas polo Grupo de Traballo Galicia – Norte de Portugal.

A outra grande unidade paisaxística de relevancia son as elevacións naturais que circundan o Concello, as serras de Argallo e da Groba, así como a prolongación da serra do Galiñeiro. Son enclaves de alto valor paisaxístico, tanto polos seus valores medioambientais como polos excelentes miradoiros que acollen, e dende os que se domina unha ampla panorámica de todo o territorio.

Descúbreo na web oficial do Concello: http://tomino.gal/

Coñece a Agrupación Musical de Goián: http://bandadegoian.gal/

 

Anuncio publicitario