Presentación de candidaturas para as Sedes 2017

p-gal1640Despois da presentación da Banda Sinfónica Infantil de Galicia no 2015 e a súa consolidación no 2016; é intención da Asociación Nacional de Directores de Banda (ANDB) a de seguir fomentando os proxectos do Plan Nacional de Bandas (PNDB).

Para o ano 2017, Galicia contará con dúas Bandas pertencentes ó PNDB: a Banda Sinfónica Infantil, e a Banda Sinfónica Xuvenil (de nova creación). 

Cada banda, nos meses de xullo-agosto, contará cun Encontro Musical seguido de varios concertos.

Dende a ANDB queremos dar a oportunidade de albergar as dúas sede dos encontros 2017 a todos os concellos, bandas, escolas ou conservatorios de Galicia. Motivo polo que facemos unha invitación a presentar candidaturas a todas as entidades interesadas.

A presentación de candidaturas estará  aberta ata o 15 de marzo. A candidatura será única (para a banda infantil/banda xuvenil). Un comité organizativo formado por membros da Asociación Nacional de Directores de Banda decidirá cales son as dúas mellores propostas, tanto para a banda infantil como para a banda xuvenil, que se adaptan ós proxectos a desenvolver para os encontros musicais 2017.

Os formularios cubertos, serán enviados por email a: bandasinfonicadegalicia@yahoo.es

PARA DESCARGAR TODA A INFO E FORMULARIO: CLICK AQUI

Anuncio publicitario