PLAN NACIONAL DE BANDAS

Plan Nacional pequeñoQue é o Plan Nacional de Bandas de Música?

O Plan Nacional de Bandas de Música é unha proposta da Asociación Nacional de Directores de Banda de España, que en cooperación con outras institucións, xurde coa intención de apoiar o desenrolo bandístico español; unha das manifestacións culturais de máis arraigo social e musical no noso país.

En Galicia, á Banda Sinfónica Infantil de Galicia seguiranlle outros proxectos dentro do Plan Nacional, co obxectivo de crear unha rede de escolas e bandas coa mesma filosofía de traballo e obxectivos comúns (educativos, sociais, culturais, patrimoniais,…)

Obxectivos

Promover a creación e fortalecemento das bandas e escolas de música en todo o territorio nacional, mediante procesos integrais de xestión, formación, divulgación, organización local, investigación e dotación.

Con dúas finalidades xerais:

  • Usar á banda de música como unha ferramenta formativa en tódolos niveis e centros educativos.
  • Garantir unha ampla participación social no desfrute de bens e servizos culturais e un aporte á construción de identidades locais e o desenrolo integral das comunidades.

“Los Vientos del Mañana”

Vientos del Mañana, é o lema do Programa Educativo do Plan Nacional de Bandas de Música. O mesmo contempla tódolos aspectos, mecanismos e necesidades para que as agrupacións bandísticas e as súas escolas sexan centros educativos de calidade e dotados cos recursos necesarios para a formación dos futuros músicos, ademais de ser centros que acerquen a música de banda a súa  sociedade máis próxima.

Unhas agrupacións cunha metodoloxía propia deseñadas para elas, con recursos, cun claro concepto educativo e onde os valores que ofrece a banda como formación integral dunha persoa (compañeirismo, traballo en equipo, disciplina,…) o poidan aplicar día a día nas súas vidas, na nosa sociedade.

Anuncio publicitario