PARTITURAS

Descarga gratuitamente as nosas partituras:

2017

ALBORADA GALEGA (1887), de Juan Montes

juan_montes_caponNa produción musical de Montes atopamos dúas parcelas: a da música sacra e a da música popular. Coa excepción da música escénica, case non cultivada polo músico, no seu catálogo obsérvanse composicións e arranxos para coro, banda, cuarteto, sexteto, voz ou piano.
É no seu tempo como seminarista cando Montes inicia o seu traballo como compositor. As súas primeiras obras están datadas en 1857 e correspóndense todas con música sacra. Dentro deste xénero musical é necesario destacar o Oficio de defuntos encargado por Antonio Rodríguez Franco para lembrar o primeiro aniversario da morte da súa muller.

En agosto de 1888 celébrase un certame musical no Teatro Tamberlick de Vigo con motivo dos Xogos Florais celebrados nesta cidade. Montes presenta a súa Alborada Galega para banda que consegue o primeiro premio do certame.

En 1891 Montes gaña dous primeiros premios no Certame Musical de Vigo cun nocturno para orfeón e co seu Pasodobre sobre aires populares de Galicia para banda.

En agosto de 1892 o músico acode ao Certame literario, Científico e Musical de Pontevedra. Presenta dúas cancións con texto de Rosalía de Castro: Doce sono e Negra sombra; a primeira consegue o primeiro premio e a segunda un accésit.

En 1892, e como parte da celebración do cuarto centenario do Descubrimento, a sociedade galega Aires d’a Miña Terra da Habana convoca un certame musical. Montes presenta a Fantasía para gran orquestra. O premio, Medalla de Ouro e cen pesos de ouro, coñécese en setembro de 1893 e concédese a Montes. Esta fantasía contén a balada Negra sombra como un dos seus movementos.
Respecto de Negra sombra, o seu material temático é recolleito por Montes e pertence á tradición musical do Incio (Lugo). Trátase dun alalá que posteriormente recollerá o Cancioneiro Musical de Galicia de Casto Sampedro.

Descarga a partitura, CLICK AQUI

HIMNO GALEGO, versión de 1907

IMG_0640O 20 de decembro de 1907 tivo lugar unha “Velada Musical” no Centro Galego de La Habana, promovida por Fontenla Leal, co obxectivo de recadar fondos para trasladar os restos mortais de Pascual Veiga de Madrid a Mondoñedo, e construír un mausoleo onde puidera descansar na súa terra natal.
No escenario colocaron un busto de Pascual Veiga, obra do escultor e emigrante vigués Mariano Miguel. Á beira, un relevo coa esfinxe de Pondal. Vintecinco mozas, representando as sociedades galegas existentes na Habana foron depositando cada seu ramo de flores diante das dúas imaxes dos autores do Himno.

A velada comezou coa Alborada Galega de Juan Montes, pola Orquestra da compañía da Ópera, dirixida por Chané e a Banda Municipal da Habana, dirixida por Guillermo Tomás (a quen se lle nomea sendo cubano membro correspondente da Academia Galega), tocou a Marcha Regional Gallega, de Pascual Veiga.
O Orfeón Ecos de Galicia, baixo a batuta de Chané, cantou a Alborada de Veiga, a soprano María Giúdice interpretou Unha noite na eira do trigo e Un adiós a Mariquiña, ou o coro de nenos do sanatorio Concepción Arenal ca súa versión de Airiños, airiños aires. Habería lugar para mais composicións (Os Ártabros, Sonata Gallega,…) e interpretacións, incluída a da Banda de Artillería, dirixida por Martín Verona, co Himno do Batallón dos Literarios.
José López Pérez, presidente do Centro Galego, ofreceu un discurso de peche do acto sobre as orixes célticas de Galicia e Curros Enriquez recitou un poema dedicado a Veiga (A Alborada), finalizando así a emotiva velada musical.

Gloria a quén un tesouro nesa canción vos leiga
que ha de ser a Marsellesa galaica do porvir!.
¡Eterno aplauso, vítores eternos ó gran Veiga
dun polo ó outro polo, do cenit ó nadir!.

Un ano despois, en 1908, o himno de Pondal e Veiga é declarado oficial en todas as festas do Centro Galego da Habana, por iniciativa de Xosé Fontenla.

Descarga a partitura, CLICK AQUI

A FIADA, Xota galega de José Antonio Lodeiro Piñeiroa

2501-146878-a-Lodeiro blog.jpg

Piñeiroa naceu no ano 1.868 no barrio de Los Molinos de Arriba de Mondoñedo.
Polo ano 1.886 márchase a Madrid, dedicándose con gran afán ao estudo musical e obtén por oposición no ano 1.897 a praza de Músico Maior de 3ª clase do Rexemento de Asia, de guarnición en Figueras (Xirona), tomando inmediatamente posesión do seu novo cargo.
Son moitas e moi valiosas as obras que se deben a Lodeiro; valses, sinfonías e pasodobres para banda militar. Entre as súas obras podemos citar as tituladas: Se feliz, Entre lágrimas, Por ti suspiramos, Lúa nova, Gloria a Wagner, As fadas etc. Tamén compuxo unha redución para piano do Himno para a banda militar, o cal dedicou aos xefes e oficiais do seu rexemento.

No ano 1.907, atópase destinado no rexemento de Alcántara e desde Barcelona remítelles aos compoñentes do cuarteto mindoniense Os Veiga unhas composicións feitas por el mesmo tituladas: Os Pelamios (pasodobre), Viva Galicia! (xota), Os Muiños de Arriba (muiñeira).
Posteriormente, este mozo mindoniense, dotado dunha competencia probada e dunha verdadeira vocación musical, dirixe a música do rexemento América, que tiña a súa guarnición en Pamplona.
No mes de agosto do ano 1.921 atopámonolo destinado no rexemento de Isabel a Católica, de guarnición na Coruña, cuxa banda dirixida pola súa hábil batuta deu varios concertos no parque Méndez Núñez durante o mes de agosto.

Falece o 22 de decembro do ano 1.934, na cidade da Coruña. Lega no seu testamento unha cuantiosa cantidade de diñeiro para a organización e celebración dun concurso de bandas civís de música en Mondoñedo.
Polas festas dos Remedios do ano 1.944, celébrase o primeiro concurso de bandas. Os premios para o devandito concurso comporíanse de: 10.000 pesetas para o 1º, 5.000 pesetas para o 2º, e 3.000 pesetas para o 3º. Poucos anos celebráronse estes bonitos concursos de bandas e a cantidade de diñeiro legada no seu testamento para premios, ninguén sabe dar unha explicación onde foi a parar.

Descarga a partitura, CLICK AQUI

ELA, de Andrés Álvarez

000.- Score - ELAO compositor elexido polos directores galegos da ANDB para pór a música ó relato “ELA”, de Verónica Rodríguez Martínez, foi Andrés Álvarez.

O xurado premiou ó relato “ELA”,  pola transmisión de valores, musicalidade do texto, reivindicación da liberdade e a amalgama de sentimentos que reflicte.

No encontro da Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia estrenouse esta obra, editándose a mesma a través da ANDB.

Dende a Asociación Nacional de Directores de Banda queremos agradecer ao compositor Andrés Álvarez a súa implicación neste proxecto pioneiro e innovador: a de poñer música a un relato en galego premiado no 1º Concurso de Relato Breve “Música, lingua e valores”; escrito por unha xove escritora (Verónica, 3º E.S.O.) e interpretado por xóvenes músicos do noso país.

Descarga a partitura, CLICK AQUI

2016

Cidra e Balancé  (Obras inéditas de R. Soutullo)

A habanera Cidra, foi editada en Vigo ca. de 1910 por El Modernismo. Soutullo y Villanueva, dentro dunha colección de obras novas, para pequena banda en papeis soltos.

Coleccións que inclúen seis números cada unha que repiten a correlación dos seguintes bailes a modo de suite: pasodobre, vals, polka, mazurka, habanera e xota.

cidra-portadaCidra
É o Nº 5 da terceira colección, sendo os restantes os seguintes: Nº 1. El Louvre. Pasodoble. Nº 2.
El señor Pepe. Vals. Nº 3. Paquita. Polka. Nº 4. Isabelita. Mazurka. Nº 6. Pregunta por la Dolores. Jota.

DESCARGA A PARTITURA (CLICK AQUI)

Bbalance-portadaalancé
Célebre Couplet-Vals para banda por L. Rals -un dos seudónimos utilizados por Soutullo- ten o número de prancha I.A. 3210 e foi editada no mesmo papel, -dado as pequenas dimensións da obra xunto a Ven y ven y ven. Célebre Couplet-Tango para a mesma formación por Ildefonso Alier, editor con dirección en Plaza de Oriente, Nº 2, bajo. Madrid, ca. de 1912. Soutullo que era coñecedor de primeira man dos éxitos que se producían na capital, xa que desenrolaba a súa profesión nela, utilizaría material temático para obra de banda do cuplet que fora estreado e popularizado pola cupletista chamada La Goya por esa mesma data aproximadamente. É un dos cuplés máis famosos da historia e un dos temas máis coñecidos e recordados da película El último Cuplé, protagonizada por Sara Montiel no 1957.

DESCARGA A PARTITURA (CLICK AQUI)

Textos de Alejo Amoedo Portela

 

En Belén hai moita festa

(Panxoliña para o Nadal de 1829, de Xosé Pacheco)

  • Primeira obra editada e interpretada para pito pastoril galego e banda de música (BSIG 2016)

en-belen-hai-moita-festa-portadaA obra musical de Pacheco é grandísima: No arquivo da Catedral de Mondoñedo hai trescentas catro composicións, pero tamén as hai nos Arquivos das Catedrais de León, Lugo, Ourense, Oviedo, Santiago de Compotela, Sevilla e Tui. Hai quen di que hai pezas súas en Madrid e mesmo no estranxeiro. Entre as pezas de Pacheco consérvanse no Arquivo da Catedral de Mondoñedo, trinta e cinco vilancicos de Nadal con letras en galego de Antón María de Castro e Neira, Lois Corral e Xacinto Romualdo López, os poetas cantores do Nadal da chamada “Escola poética do Seminario de Santa Catarina de Mondoñedo”.
Pacheco foi un músico dunha grande sensibilidade e as súas composicións son dunha grande fermosura. Foi, certamente, un dos mellores músicos de Mondoñedo.

DESCARGA A PARTITURA (CLICK AQUI)

Texto de Félix Villares Mouteira

 

Marcha Nº 1 en Do Maior, para Banda  (León Durán)

O xoven músico León Durán Viso (A Coruña, 2002) compoñente da BSIG 2016 escribiu esta fermosa marcha adicada e estreada pola Banda Sinfónica Infantil de Galicia.

DESCARGA A PARTITURA (CLICK AQUI)

 

 2015

Gallaecia (Improvisación para Banda), por Carlos Diéguez

gallaecia. percusión.director_Página_1Obra interpretada pola Banda Sinfónica Infantil de Galicia (2015) no Concerto de presentación.

Idades: 8 a 14 anos

Estrutura da obra:

I. Gallaecia (O Son da Terra)
II. Os Romanos: Chegada das Tropas a Gallaecia
III.Cantos de Gallaecia: O son da xente
IV. Alalás Galegos (Non me tires con pedriñas e Airiños, airiños aires)

A forma musical é: I-II-III-IV-III-II-I

 

Descarga gratuita das partituras (guías de improvisación) CLICK AQUI

BANDEANDO (Método  para Banda)

BandeandoA Asociación Nacional de Directores de Banda (ANDB) editou o primeiro método iberoamericano (escrito en español e portugués) con música das nosas culturas.

A primeira obra que interpretou a BSIG foi a “Cantiga nº 100” de Alfonso X O Sabio, que se inclúe en Bandeando.

Outras obras do noso patrimonio que aparecen no método son “Camiña Don Sancho” (recopilada por Faustino Santalices) ou As Pombinhas da Catrina (galaico-portuguesa).

http://andb.es/publicaciones/

Reveriano Soutullo, partituras para banda

La Fundación Soutullo y yo mismo nos sentimos muy honrados al distribuir gratuitamente y a través de nuestros amigos de la Asociación Nacional de Directores de Banda estas dos  marchas procesionales del gran compositor Reveriano Soutullo.

Si en los archivos de sus bandas encontrasen obra de Soutullo les agradecería que contactasen conmigo  en javier@javierjurado.com

Saludos cordiales.

Prof. Dr. Javier Jurado Luque
Baiona (Pontevedra)

 DESCARGA gratuita y autorizada: Click Aqui

 

Anuncios