Composicións seleccionadas do Programa “Construíndo Sons 2019”

salutifero. contraportadaNa Xira 2019 da Banda Sinfónica de Galicia, enmarcada no Plan Nacional de Bandas, volvemos apostar polos novos compositores galegos.

Carme Rodríguez (Ribadeo, 1996) coa obra “A Cova Sumerxida” e Manuel Vázquez (Cea, 1998)  co pasodobre “O Salutífero” son os dous novos valores a potenciar nesta convocatoria.

O Programa “Construíndo Sons 2019” conta co apoio da Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral de Políticas Culturais. As dúas obras interpretaranse na xira da BSG, editándose baixo o selo da Asociación Nacional de Directores de Banda. Ambos compositores recibirán ademáis diversos agasallos da Editorial Dos Acordes, participarán activamente nos encontros e as súas experiencias quedarán reflexadas no documental “Música e Valores”.

Nesta web, no apartado de partituras, próximamente poderanse descargar gratuitamente estas obras en formato PDF.

a-cova-sumerxida-partitura-director-e1563992632846.png
SALUTIFERO MAQUETA 2_Page_03

 

 

 

 

Publicado en 2019, Sin categoría | Deja un comentario

Proxectando Sons 2019: Solistas coa BSG

🎼 O Concurso de Solistas da Banda Sinfónica de Galicia “Proxectando Sons” celebrouse no Teatro da Beneficencia de Ortigueira o pasado 26 de xuño.

O 1° premio foi para Jaime Estévez (saxo) e o 2° para Iván Carballal (bombardino). O premio do Concurso “Proxectando Sons” consistirá en actuar como solista en diversos concertos da Banda Sinfónica de Galicia, na xira “Música e Valores”

logo piccolo. jpg

A empresa Piccolo Music Store colabora co concurso, outorgando dous vales en material musical co valor de 200€ ó 1º premio, e 100€ ó 2º premio.

 

IMG_20190629_190458.jpg

Publicado en 2019 | Deja un comentario