David Llano Díaz, natural de Ferrol, comeza os seus estudios de clarinete da man de Francisco San Ramón Calvo na Asociación Musical Sementeira de Narón. Estudou con diversos clarinetistas de renome nacional e internacional como: Yehuda Gilad, Venancio Rius, Carlos Casadó, Enrique Pérez, Ivan Marín, Manuel Rives e Walter Boykens entre outros.
Recibiu diferentes premios resaltando o Primeiro premio no Concurso de clarinete Allegro na Vall d’Uixo (Castellón) en 2003, Mención de Honra no Concurso de Composición Xuventudes Musicais de Sóller (Mallorca) en 2009, e o Primeiro premio no XI Concurso de Novos Intérpretes “Concello de Ortigueira” en 2011. No ano 2006 ingresa por concurso-oposición na Escala de Suboficiales do Corpo de Músicas Militares. Interpretou como solista o Concierto nº 2 de C.M. von Weber ca Orquesta Sinfónica do Conservatorio Superior das Illas Baleares, no cal finaliza os seus estudos Superiores de Clarinete en 2010 cos profesores Emilio Ferrando e Ona Cardona. Tocou baixo a batuta de directores como Perry So, M. Valdiviesso, J. Mora, M. Zumalave, S. Yamamoto, E. Garcia Asensio, J. Sanchís, J.R. Pascual-Vilaplana, O. Díaz e J. Viceiro entre outros; en diversas Orquestas como a Jove Orquesta Balear, Orquesta Clásica de Mallorca, Orquesta Sinfónica de Monzón, Orquesta Cidade de Pontevedra, Orquesta S. XXI, Bruckner Akademie Orchester, Orquesta Sinfónica do Principado de Asturias e Orquesta Sinfónica “Odón Alonso” de León.
No ámbito de la Dirección realizou diversos cursos de perfeccionamiento cos mestres M. van Bree, J.V. Egea, J.R. Pascual-Vilaplana, C. Soler, E. G. Asensio, J.Sanchís, D. Fiuza, A. Ceccato, J. Cober, J. Viceiro e A. Granjo. Dirixeu como invitado a Banda de Música de Origueira e tamén como mestre colaborador a Orquesta Filarmónica Cidade de Pontevedra, a Banda de Música de Salcedo e a Xove Banda de Narón. Por outra banda tamén levou a cabo un proxecto de dous anos destinado ó repertorio orixinal para Ensemble de Ventos en Oviedo. Tamén dirixeu a 7ª Sinfonía de Beethoven (1º mov.) ca Orquestra do Conservatorio Superior de Música de Asturias no Auditorio Príncipe Felipe de Oviedo, así como la obra de estreno: Owls in Evening Pines para Ensemble na Sala de Cámara dese mismo Auditorio. Actualmente estudia 4º curso no Grao de Dirección no Conservatorio Superior de Música de Asturias. Ademáis dirixe o proxecto musical “Ensemble Aberto” e director musical da Banda Sinfónica Infantil de Galicia.