Convocatoria Aberta ata o 15 de xuño 2019.
O Plan Nacional de Bandas de Música en Galicia iniciouse en agosto do 2015, coa presentación da Banda Sinfónica Infantil de Galicia, en 2017 coa estrea da Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia continuando neste 2019 co debut da Banda Sinfónica de Galicia (BSG).
Entre os obxectivos da BSG, destacan no ámbito da composición:
- Recuperar composicións de autores galegos, transcribilas ou adaptalas e dificultade, editalas, gravalas en CD/Video e difundilas a toda a sociedade.
- Fomentar e apoiar ós novos compositores galegos; difundindo, editando e interpretando as súas composicións.
É por elo, que despois da Convocatoria de selección de músicos e solistas 2019 para a xira deste verán abrimos o prazo da Convocatoria “Construíndo Sons”, dirixida ós compositores galegos.
Sobre Construíndo Sons:
Programa dirixido a compositores e compositoras galegos, menores de 30 anos.
Ábrese un prazo ata o 15 de xuño, para que remitan ó seguinte email: bandasinfonicadegalicia@yahoo.es unha ou varias composicións para banda que desexen ser interpretadas, editadas baixo o selo da ANDB e gravadas nun documental.
A partir do 16 de xuño, o director musical da BSG seleccionará as obras que estime oportunas, as cales mellor se adapten (calidade, instrumentación, duración, dificultade, temática,…) á xira 2019 «Música e Valores» da BSG.
As obras presentadas non teñen porque ser inéditas, pero non deben de estar editadas. A Asociación Nacional de Directores de Banda, grazas á colaboración e apoio da Dirección Xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia, farase cargo da súa edición en soporte físico e dixital. No 2020, estas partituras poranse a disposición gratuíta de todas as agrupacións que desexen ter esta edición.
Os compositores ou compositoras seleccionados para este programa están convidados a asistir ós ensaios previos e concertos no que se programen as súas obras.
Premios e Proxección dos compositores
- As obras seleccionadas serán editadas tanto en formato físico como en dixital, distribuíndose a todas as bandas que o soliciten a nivel nacional e internacional.
- A Editorial Dos Acordes, agasallará ós compositores seleccionados cun lote de libros e partituras
- Os compositores, se así o desexan, participarán na grabación do documental «Música e Valores» onde quedará rexistrado sonoramente as súas obras.
- A BSG entregaralles copias editadas das composicións seleccionadas no 2019 deste programa.
Con esta convocatoria pretendemos dar a coñecer o traballo que realizan os novos compositores, dándolles a posibilidade de ter obras editadas e difundilas a través da ANDB e o Plan Nacional de Bandas de Música (PNDB)