No ano 2015 preséntase a Banda Sinfónica Infantil de Galicia, consolidándose nos encontros de 2016 e 2017. A Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia preséntase en agosto do 2017 contando cun notorio éxito. É intención da Asociación Nacional de Directores de Banda (ANDB) a de seguir fomentando estos proxectos pertencentes ó Plan Nacional de Bandas (PNDB).
BSXG:
Para o ano 2018, Galicia contará xa cunha sede para a Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia; non obstante búscase candidaturas para albergar concertos desta banda nas datas do encontro.
Todas as Solicitudes para os anos 2019 e 2020 son benvidas.
BSIG:
Para o ano 2018 ábrese o prazo para procurar unha sede para a Banda Sinfónica Infantil de Galicia.
Todas as Solicitudes para os anos 2019 e 2020 son benvidas.
Cada banda, nos meses de xullo-agosto, contará cun Encontro Musical, seguido de varios concertos.
Dende a ANDB queremos dar a oportunidade de albergar as sedes dos encontros (2018-2020) a todos os concellos, bandas, escolas ou conservatorios de Galicia. Motivo polo que facemos unha invitación a presentar candidaturas a todas as entidades interesadas.
A presentación de candidaturas estará aberta ata o 23 de Decembro. A candidatura será única (para a banda infantil/banda xuvenil). Un comité organizativo formado por membros da Asociación Nacional de Directores de Banda decidirá cales son as mellores propostas, tanto para a banda infantil como para a banda xuvenil, que se adaptan ós proxectos a desenvolver para os encontros musicais 2018-2020.
Os formularios cubertos, serán enviados por email a: bandasinfonicadegalicia@yahoo.es