Abel Riveira Pena (Director Musical BSIG) 2017

ab-ri-26v_cd_1.jpgNace en Vilalba no 1979, iniciando os seus estudos musicais na escola municipal de música de Vilalba nas mans de José Guntín para proseguilos posteriormente no Conservatorio Profesional de música de Vilalba e no superior de Coruña onde  acada o título de profesor superior de Trompeta.

Estuda con grandes solistas internacionais: D. José María Ortí Soriano, Benjamin Moreno, Fred Mills, Eric Aubier, Maurice André, Vicente Simeó, Benjamín Moreno, John Aigi, Alandete, Vicente Martínez.

Realiza o curso de aptitudes pedagóxicos (CAP), como complemento da sua formación pedagóxica.

Con 18 anos empeza a asistir a cursos de dirección bandística con Marcel Van Bree e Vicente Egea para posteriormente  perfeccionarse en Banda por el Instituto Superior Europeo Bandístico de Trento (Italia) con profesores de talla internacional coma Jan Cober, Pirola, Haswirth e Bazzola.

Na súa andaina coma director, dirixiu coma director invitado a Orquesta do Conservatorio de Vilalba, Banda de Música de Boiro, Banda do Conservatorio das Pontes, Banda de Antas de Ulla, Banda de Música de Meira, bandas de música en Italia.

En 1998 comeza como docente na Escola Municipal de Música de Guitiriz, donde dous anos máis tarde funda a Banda de Música Municipal de Guitiriz, a cal dirixe durante 18 anos. En todos estes anos, destacar o premio á mellor interpretación de música galega no III Certamen de Bandas de Música de Galicia, a actuación con Manolo Escobar e as máis de 300 actuacións realizadas por todo o territorio español en todo este tempo.

Organiza e dirixe na súa presentación a Banda Sinfónica da Terra Chá.

Como docente traballou coma profesor de Vento Metal na escola muncipal de música de A Pastoriza, escola municipal de música de Meira, Escola municipal de música de Guitiriz, e actualmente na Escola Muncipal de Música de Foz e no Conservatorio Profesional de Música de As Pontes onde tamén exerce coma Xefe de Estudos.

Colabora asiduamente coa Asociación nacional de directores, con artigos para diversas publicacións, colaboracións coa Banda Sinfónica Infantil de Galicia coma docente.

Actualmente dirixe a Banda de Música de Foz, onde impulsou a creación dunha banda de música infantil.

Anuncios