A BSIG

A Banda Sinfónica Infantil de Galicia (BSIG)

 

O Plan Nacional de Bandas de Música en Galicia, iniciouse en agosto do 2015, coa presentación da Banda Sinfónica Infantil de Galicia. Formación integrada por 55 nenos e nenas galegos de entre 9 a 14 anos. O Concerto de Presentación tivo lugar no Teatro de Beneficencia de Ortigueira (8/8/2015) tendo un notable éxito.

Ó Concerto de Presentación veu precedido dunha semana de ensaios e convivencia; así como de actividades culturais e educativas.

  • Gravouse un Documental sobre a BSIG e xunto ó concerto pódese ver na canle do Youtube do Plan Nacional de Bandas.

Obxectivos:

  • Facer da Banda Sinfónica Infantil de Galicia, un modelo educativo, cultural e social de agrupación musical; integrada no Plan Nacional de Bandas de Música.
  • Contribuír ó traballo que realizan ás Bandas e Escolas de Música en Galicia, por medio dunha agrupación que serva como punto de unión e conexión de todas elas.
  • Recuperar composicións de autores galegos, transcribilas, adaptalas e dificultade para ser tocadas por nenos, editalas, gravalas en CD/Video e difundilas a toda a sociedade.
  • Dar a coñecer ós xoves músicos galegos, o seu patrimonio musical e cultural; ás veces perdido ou infla valorado.
  • Coñecer o repertorio doutras culturas, valorando o propio.
  • Fomentar a creatividade, o traballo en equipo, a participación e a creación dun grupo.

Sinfónica infantil 2015

Anuncio publicitario