Vacantes Provisionais da BSG 2019

Do 4 ó 7 de xuño, mestres de conservatorios de Galicia xunto coa Dirección Musical da BSG realizaron a selección dos músicos da Xira 2019 da banda; así como do concurso de Solistas.  Se participaches na convocatoria e non recibiras unha notificación do resultado vía email, comunícanolo para ver a incidencia.

Durante este mes de xuño está aberto o prazo para a inscricións dos músicos activos, así como dos reservas que puideran cubrir algunha das vacantes.

Iremos actualizando o listado de VACANTES.

ATA O DÍA 23 DE XUÑO, AÍNDA PODES PARTICIPAR NO ENCONTRO DA BANDA SINFÓNICA DE GALICIA

  • CLARINETES
  • FAGOT
  • TUBA
  • VIOLONCELLO

Fai click aquí para cubrir o FORMULARIO PARTICIPACIÓN BSG (VACANTES)

 

vacantes bsg 2019

O encontro da Banda Sinfónica de Galicia terá lugar entre os días 5 ó 11 de Agosto en Ortigueira (A Coruña), realizando unha xira con 3 concertos (Ribadeo, Sober, Ortigueira).

Poden participar músicos galegos a partir de 15 anos (cumpridos no 2019) e sen límite de idade.

Toda a información sobre o proxecto educativo, os obxectivos así como o organigrama pódese encontrar na web: https://bandasinfonicadegalicia.com/

O encontro para a xira 2019 “Música e Valores” contará con profesores colaboradores, monitores, así como actividades culturais e de ocio.

Cada compoñente da BSG  estará cuberto por un seguro de responsabilidade civil e outro de accidente, entregándoselle ademais unha camiseta da agrupación e un diploma no transcurso do encontro.

Todas as novidades iranse publicando a través da web e nas redes sociais.

Hai tres modalidades de participación:

  1. a) Asistencia ao Encontro Musical (100€)
  2. b) Asistencia ao Encontro Musical + Xantar (140€)
  3. c) Asistencia ao Encontro Musical + Pensión Completa (210€)

En todas as modalidades están incluídas as viaxes en autobús e as comidas nos desprazamentos.

A organización poñerá un número de teléfono de contacto permanente durante o encontro.

Quen pode formar parte da Banda Sinfónica de Galicia (BSG)

Poderán formar parte dela músicos galegos ou con residencia en Galicia, a partir de 15 anos (cumpridos no 2019) e sen límite de idade.

A Banda Sinfónica de Galicia estará formada en torno ós 50 compoñentes (frautín, frauta, óboe, corno inglés, fagot, requinto, clarinete, clarinete baixo, saxofón alto, saxofón tenor, saxofón barítono, trompeta, trompa, trombón, trombón baixo, bombardino, tuba, violoncello, contrabaixo, e percusión).

A BSG xurde da consolidación do proxecto da Banda Sinfónica Infantil e Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia, e da continuidade á labor pedagóxica que se leva facendo dende o 2015. Para a conformación desta banda buscaranse, ademais dos obxectivos da BSG, o valor tanto pedagóxico do encontro, como artístico dos seus membros, inquedanzas musicais, así como a predisposición por mellorar e de facer da práctica do instrumento algo incorporable ó cotiá da vida.

Sede para ensaios:

Escola Municipal de Música de Ortigueira

Teatro da Beneficencia de Ortigueira

Comidas e albergue: 

Restaurantes de Ortigueira

Colexio Público de Ortigueira/Escola Municipal de Música (Albergue)

Concertos:

9 de agosto,  Auditorio Municipal de Ribadeo (Lugo)

10 de agosto, Auditorio Municipal de Sober (Lugo)

11 de agosto, Teatro da Beneficencia de Ortigueira (A Coruña)

Directores:

Carlos Diéguez e David Llano

Profesores colaboradores:

Directores de Banda e mestres de diferentes conservatorios e escolas de música de Galicia

Solistas:

Aberta a convocatoria de “Proxectando Sons” para participar como solista na xira da BSG.

Actividades culturais e de ocio propostas:

Visitas guiadas polos pobos e comarca nos que se realicen os concertos, Festa da Amizade, gravación de documental sobre a BSG,…

PROCESO DE SELECCIÓN

Dentro do proceso de selección, valorarase positivamente a versatilidade ou o dominio de instrumentos como o frautín, corno inglés, saxo tenor, barítono, requinto ou clarinete baixo, trombón baixo.

O proceso de selección farase seguindo os seguintes apartados:

1) Por a gravación enviada (*)

2) Por versatilidade, no caso dos instrumentos anteriormente citados (marcar cada un deles no formulario de inscrición)

3) Por  nivel de estudos musicais (escola/conservatorio) que realiza/realizou.

4) Por o lugar de procedencia/residencia (facendo plural e representativa no posible á Banda Sinfónica de Galicia)

5) Por un criterio de paridade entre rapaces e rapazas.

6) Ter sido seleccionado/a nos 4 encontros anteriores da BSIG/BSXG dende o 2015.

Un comité artístico formado por profesores de conservatorios, escolas de música e o director musical da BSG realizarán a selección dos participantes.

(*) OBLIGATORIO: Envío de Vídeo.

Os vídeos non superarán os 5 minutos de duración, onde o/a candidato/a interpretará unha pequena peza ou un movemento dunha obra de libre elección. (Non é necesario o acompañamento de piano).

Pódense enviar ó email: bandasinfonicadegalicia@yahoo.es a través de plataformas como wetransfer, link de youtube…; ou a través de WhatsApp ó 633830540 (decindo o nome e apelidos antes do comezo da interpretación ou adxuntando esta información).

O vídeo (ou en información adxunta) deberá incluír o nome e apelidos do/a candidato/a correspondente, en caso contrario desestimarse a súa valoración.

No caso da especialidade de percusión valorarase positivamente que a gravación de vídeo conteña fragmentos con diferentes instrumentos tanto (láminas, multipercusión, etc.)

As solicitudes faranse vía internet, cubrindo o seguinte formulario de pre-inscrición antes do 23 de xuño. Cada candidato comprométese a asistir na súa totalidade ós ensaios e concertos programados.

Anuncios
Esta entrada fue publicada en 2019. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s