Remataron as xiras 2018 da Banda Sinfónica Infantil de Galicia e Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia.
Queremos agradecer especialmente a todas as institucións, organización de sedes, agrupacións musicais, profesores, directores, monitoras, compositores, solistas, músicos, técnicos,… para facer deste proxecto algo único e auténtico.
Un gran equipo humano formado por máis de 150 persoas que directamente participaron e fixeron posible «Sons de Amizade»
Grazas e ata a vindeira xira 2019!