Construíndo Sons!

Construíndo SonsO Plan Nacional de Bandas de Música en Galicia, iniciouse en agosto do 2015, coa presentación da Banda Sinfónica Infantil de Galicia o que continuou coa presentación da Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia en 2017.

Entre os seus obxetivos, destacan no ámbito da composición:

  • Recuperar composicións de autores galegos, transcribilas ou adaptalas e dificultade, editalas, gravalas en CD/Video e difundilas a toda a sociedade.
  • Fomentar e apoiar ós novos compositores galegos; difundindo, editando e interpretando as súas composicións.

É por elo, que despois da Convocatoria de selección de músicos 2018 para as xiras deste verán abrimos o prazo da Convocatoria «Construíndo Sons», dirixida ós compositores galegos.

Sobre Construíndo Sons:

Programa dirixido a compositores galegos, menores de 30 anos.

Abrese un prazo ata o 15 de xuño, para que remitan ó seguinte email: bandasinfonicadegalicia@yahoo.es  unha ou varias composicións para banda que desexen que sean interpretadas, editadas baixo o sello da ANDB e grabadas nun documental.

A partir do 16 de xuño, os directores musicais da BSIG e BSXG seleccionarán as obras que estimen oportunas e que se adapten tanto en dificultade, plantilla ou calidade ós proxectos a levar a cabo este verán baixo o título das xiras «Sons de Amizade».

As obras non teñen porque ser inéditas, ainda que sí non deben de estar editadas. A Asociación Nacional de Directores de Banda, grazas á colaboración e apoio da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, farase cargo da súa edición en soporte físico e dixital. No 2019, estas partituras poránse a disposición gratuita de todas as agrupacións que desexen ter esta edición.

Os compositores ou compositoras seleccionados para este programa están convidados a asistir ós ensaios previos e concertos no que se programen as súas obras, tanto na BSIG como na BSXG.

Con esta convocatoria pretendemos dar a coñecer o traballo que realizan os novos compositores, dándolles a posibilidade de ter obras editadas e difundilas a través da ANDB e o Plan Nacional de Bandas de Música (PNDB)

Anuncio publicitario
Esta entrada fue publicada en 2018, Sin categoría. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s