Sons de Amizade é o título das xiras que realizarán as Bandas Sinfónicas Infantil e Xuvenil de Galicia neste 2018 e que levarán o seus Sons ás terras do Eume, Ortegal e o Baixo Miño.
Unha das máis grandes satisfaccións é a de contar con grandes amigos. Co paso do tempo a amizade fortalécese sen darnos conta. Esa convivencia a través da nosa afición pola música, os gustos e intereses comúns, compartindo preocupacións, alegrías, triunfos e ca seguridade de contar cun apoio incondicional dos nosos compañeiros da banda.
A esencia da amizade radica nos valores, que son o cimento das relacións duradeiras, porque a nosa amizade sobrepasa con moito a superficialidade, sen quedarnos co anecdótico, a broma, os bos momentos ou estar permanentemente en disposición para o que se ofreza.
«A música é un arte para compartir, non para competir. É algo que olvidamos habitualmente e que dificulta a unión e conexión entre escolas, conservatorios, bandas… e músicos. Nos encontros do 2017, a xuventude galega demostrounos a gran calidade humana e musical que teñen. Tan só fai falla que os apoiemos e creamos que se pode construir un horizonte mellor para as nosas agrupacións»
Todo elo a través da amizade como leitmotiv da música, da convivencia, da vida!