A Banda Sinfónica Infantil de Galicia (2015) nace como proposta da Asociación Nacional de Directores de Banda (ANDB), enmarcada no programa educativo Vientos del Mañana do “Plan Nacional de Bandas”.
Non é sen máis unha agrupación musical, senón un sincero programa educativo e cultural que usa á Banda como ferramenta formativa e de unión entre os novos músicos galegos procedentes de diferentes espazos e ámbitos educativos e culturais como conservatorios, escolas de música ou bandas populares; sendo o único proxecto existente no que se une tanto a formación regrada ca non regrada e a súa vez ca cultura popular dos nosos pobos: as bandas populares.
As Bandas transmitiren valores como o traballo en equipo, unión, cooperación, disciplina, respecto, compromiso ou solidariedade; o que fai da Banda Sinfónica un instrumento vivo.
A Banda Sinfónica Infantil de Galicia (BSIG) terá como sede o Concello de As Pontes no ano 2018. A candidatura do Conservatorio Profesional de Música de As Pontes de García Rodríguez foi a seleccionada para levar a cabo este ano o proxecto musical que reúne a 70 nenos e nenas de entre 9 a 15 anos procedentes de toda Galicia.
AS DATAS DOS CONCERTOS DA XIRA 2018
Encontro da Banda Sinfónica Infantil de Galicia (14 ó 19 de agosto. Sede en As Pontes)
Concertos:
18 de agosto, 20h. Teatro da Beneficencia de Ortigueira.
19 de agosto, 20h. no Auditorio Municipal Cine Alovi de As Pontes

Fotografía da sinatura de acordo:
Abel Riveira (Director Artístico da Banda Sinfónica Infantil de Galicia 2018), Carlos
Diéguez (Director da Escola de Música Concello de Ortigueira), José Alén (Concelleiro de As Pontes) e José Manuel Campello (Director do Conservatorio de As Pontes)