O Plan Nacional de Bandas, a través da Asociación Nacional de Directores de Banda (ANDB) e o proxecto formativo das Bandas Sinfónicas Infantil e Xuvenil de Galicia organizan o 2º Encontro do Taller permanente xuvenil de Dirección de Banda que percorrerá toda a xeografía galega.
Para este encontro contamos coa colaboración da Escola e Banda de Música Xuvenil de Xinzo (Ponteareas).
LUGAR, DATA e Horario do 2º Encontro:
Escola de Música de Xinzo (Ponteareas), 26 e 27 de Decembro. (Sede: Centro Cultural de Xinzo)
Horario:
26 Decembro
10:30h a 13:30h- Clases teóricas
16:00 a 19:00h- Clases prácticas co ensamble de alumnos
19:30h a 21:30- Ensaio ca Banda de Música Infantil de Xinzo
27 Decembro
10:30h a 13:30h- Clases teórico-prácticas
16:00 a 19:00h- Ensaio co ensamble de alumnos e ca Banda de Música Infantil de Xinzo.
19:30- Concerto fin de taller no Auditorio do Centro Cultural de Xinzo.
DESTINATARIOS:
Alumn@s de Grado Medio e Superior de Galicia que estean interesados en coñecer o oficio de director, sendo estes talleres a súa primeira experiencia.
PREZO:
Establécese unha matrícula de 20€ para os músicos que formaron parte da BSXG 2017, e de 50€ para o resto de alumnado.
Todos os participantes recibirán gratuitamente o material a traballar no taller así como unha publicación editada pola ANDB.
PROFESORADO E PRAZAS:
Ofrécense 30 prazas, a cubrir por orde de inscrición.
O profesorado estará formado por Directores asociados á Asociación Nacional de Directores de Banda (ANDB). O número do profesorado será acorde ao número de participantes.
PRAZO DE INSCRICIÓN:
Remata o 30 de novembro, ou ata completar as prazas ofertadas. Enviarase un email cos datos bancarios para completar a matrícula así cunha información estendida do taller.
COMIDAS E CEAS (Voluntario)
A organización facilita a posibilidade de que o xantar e cea se fagan na Cafetería do Centro Cultural de Xinzo. Menú e prezo a concretar.
Durante o xantar @s alumn@s estarán a cargo da organización do Taller.
ALOXAMENTO (Voluntario)
A organización facilita aloxamento no Hotel Condado:
- Habitación individual 20€ ou 30€ habitación dobre, ámbalas opcións con almorzo (desayuno) incluído.
As reservas teranse que facer no teléfono 986 64 13 10.
A organización non se fai responsable do coidado dos menores que estean aloxados en dito hotel. Será responsabilidade dos pais/nais/titores.