Xa temos as datas da Xira 2018 da Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia. Será do 21 ao 26 de Agosto de 2018 e terá a súa sede en O Rosal (Pontevedra), grazas á colaboración da Agrupación Musical de O Rosal.
Queda por determinar a/as poboacións onde se ofrecerán os outros concertos, así como a sede da Banda Sinfónica Infantil de Galicia 2018. Para elo abrirase en breve un prazo para presentar candidaturas e contribuir así co fortalecemento e unión entre o movemento bandístico galego!