A BSIG remata a súa xira cun rotundo éxito pola provincia de Ourense

Sons de Gallaecia chegou ao seu fin despois de 13 días de ensaios, convivenicia e xiras das Bandas Sinfónicas Xuvenil e Infantil de Galicia.

A Banda Sinfónica Infantil de Galicia, formada por 68 nenos e nenas galegos conseguiu un gran éxito chegando a súa música ós corazóns de tódolos asistentes, e cuns finais de concertos (Ourense e Allariz) onde con todo o público en pé recibiron máis de 5 minutos de aplausos e ovacións mentras os músicos saudaban e abandoaban o escenario.

Entre o repertorio parimonial-musical galego que interpretaron destaca a versión da estrea en 1907 do «Himno Rexional Galego»,  «El Caimito» de Nan de Allariz ou «Cantigas de Ourense» de Félix Molina, adaptadas para a BSIG.

Dende a Asociación Nacional de Directores de Banda agradecemos o gran traballo en equipo do staff técnico formado por:  Quique Lagares e Abel Rivera (Directores), os profesores convidados: Vicente Rey, Ángela Rodríguez, David Trastoy, Adrián Silva, Miguel García, Roberto Sánchez; as monitoras Isa López e Natalia García; a José Vega (coordinador da Sede); á Banda Unión Musical de Allariz, ó Concello de Allariz, ó Conservatorio de Ourense; á Secretaría Xeral de Cultura (a cal apoia o proxecto), a Piccolo Music Store, ó equipo audiovisual (Iago e Adrián), ó equipo editorial (Marta e Álex), ós socios da ANDB en Galicia que apoian e avalan os encontros e a José Miguel Ibañez (tesorero da ANDB) que leva a contabilidade dos encontros.

Por suposto, mil grazas ós músicos e as súas familias polo apoio e colaboración recibida.

Ata o 2018!

inf2

inf1

IMG_20170812_193540

IMG_20170813_201044

Anuncio publicitario
Esta entrada fue publicada en 2017, Sin categoría. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s