O encontro fundacional da BSXG, máis que música!

O encontro fundacional da Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia levou a esta nova agrupación a lembrar a viaxe que realizou Pascual Veiga en 1912, cando os seus restos mortais trasládanse de Madrid a Mondoñedo; facendo paradas no camiño e recibindo homenaxes  musicais en Lugo e Vilalba.

O nivel musical e humano dos 50 músicos da BSXG foi excepcional. Sen dúbeda formaron un gran equipo sendo uns rapaces e rapazas que levaremos sempre no recordo pola súa gran calidade humana.

Dende a organización (ANDB en Galicia) agradecemos o apoio e colaboración dos concellos de Lugo, Vilalba e Mondoñedo; da Secretaría Xeral de Cultura; da Escola e Banda Municipal de Lugo; de Abraham Cupeiro; de Andrés Álvarez; de Soilar gestión musical; da Banda Filarmónica de Lugo; e a de todo o equipo técnico dende as monitoras ó editorial, audiovisual, musical ou artístico.

BSXG 2017. Grazas por todo rapaces!.png

Crítica de Sons de Gallaecia, por Julia Mª Dopico Vale

Suxestivo nome para a xira musical que neste 2017 realiza a Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia, un proxecto educativo que emprega a banda para facer música e para a formación e educación en valores dos mozos integrantes, converténdose así nun instrumento vivo.

Eles fixeron posible que os Sons de Gallaecia soasen por primeira vez o pasado venres na Catedral de Mondoñedo, auténtico tesouro patrimonio da humanidade, cun programa suxestivo e atractivo no que se combinou a historia e a máis candente actualidade. Historia viva co Himno Rexional Galego, en conmemoración do seu 110 aniversario e do centenario do falecemento de Pondal, que soou triunfal lembrando a través de cada liña melódica os versos aos que intrinsecamente vai ligado. Daquela a Alborada Galega de Montes, de corte romántico e impregnada de tinguiduras nacionalistas. Actualidade en O Anel de Pedra -banda sonora da Muralla de Lugo-, impresionante na súa factura e espectacular na medida en que nela incorpóranse instrumentos da época de romanos e celtas a só: frautas de óso, aulos, cornu e karnyx -de singular beleza- en soberbia execución a cargo de Abraham Cupeiro que nos transportou a un mundo antigo e ancestral cos compases de O bosque animado, Danza do Hidromel, O Invasor e A Derrota, finalizando a primeira parte dirixida por Carlos Diéguez Beltrán, coa Suite on Celtic Folk Songs, música irlandesa fresca, expresiva e cativadora.

Un pracer escoitar en voz da novísima Verónica Rodríguez, de Ares o relato Ela, gañador do Concurso de Relatos Curtos «Música, Lingua e Valores, no que eu mesma participei como xurado, testemuñando por tanto a musicalidade e sensibilidade da súa historia. Ela serviu como inspiración para a obra descritiva de Andrés Álvarez, novo compositor que soubo recrear magníficamente o contido do texto cunha música bellísima en estrea absoluta para a ocasión. Xa na segunda parte, baixo a batuta de David Llano, soou Monte Medulio, Ela, All Glory Told e A Fiada, xota galega do compositor mindoniense Xosé Antonio Lodeiro Piñeiroa, ao que se lle rendeu merecido homenaxe recuperando e dignificando noso propio patrimonio musical.  Máis que interesante cita con moi boa música!!.

IMG_0640Homenaxe floral a Pascual Veiga

Anuncio publicitario
Esta entrada fue publicada en 2017, Sin categoría. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s