O vindeiro 12 de agosto, ás 20h. a Banda Sinfónica Infantil de Galicia ofrecerá o primeiro Concerto do encontro 2017 no Auditorio do Conservatorio Profesional de Música de Ourense.
Dende a organización da BSIG agradecemos a colaboración do CMUS de Ourense, estando moi ledos de que o proxecto implique a escolas de música (ensinanza non regrada), conservatorios (ensinanza regrada), bandas de música (entidades culturais); así como a diversos Concellos e a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral; nuns encontros que van máis alá do musical, uns encontros que fan país a través da nosa cultura e a unión dos pobos.