Vacantes provisionais BSIG e BSXG 2017

Rematado o proceso de selección de Músicos para a Banda Sinfónica Infantil de Galicia (70 nenos e nenas) e para a Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia (53 rapaces e rapazas), abrimos un prazo de “Vacantes provisionais” nas especialidades que se detallan no cartel para que as plantillas das agrupacións sexan máis equilibradas.

No caso da Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia, poderán solicitar candidatura para estas vacantes alumnado de nivel de grado medio (entre 13 a 17 anos).

FORMULARIO DE SOLICITUDE PARTICIPACIÓN BSIG/BSXG 2017 (CLICK AQUI)

O encontro da Banda Sinfónica Infantil de Galicia terá lugar entre os días 8-13 de Agosto en Allariz (Ourense), realizando dous concertos na Provincia de Ourense.

Poden participar nenos e nenas galegos que teñan entre os 9 e 14 anos nas datas do encontro.

O encontro da Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia terá lugar entre os días 1-6 de Agosto en Lugo, realizando tres concertos na Provincia de Lugo.

Toda a información sobre o proxecto educativo, os obxectivos así como o organigrama de ambas agrupacións pódese encontrar na web: https://bandasinfonicadegalicia.com/

Ámbolos dous encontros contarán con profesores colaboradores, monitores de tempo libre titulados, así como actividades culturais e de ocio.

Cada compoñente das Bandas estará cuberto por un seguro de responsabilidade civil e outro de accidente, entregándoselle ademais unha camiseta da agrupación e un diploma no transcurso do encontro.

Todas as novidades iranse publicando a través da web e nas redes sociais.

Hai tres modalidades de participación:

  1. a) Asistencia ao Encontro Musical (70€)
  2. b) Asistencia ao Encontro Musical + Xantar (120€)
  3. c) Asistencia ao Encontro Musical + Pensión Completa (240€)

Os compoñentes (internos) hospedaranse nun albergue (Allariz, Lugo) facendo alí os almorzos, xantares e ceas dos días dos ensaios. En todas as modalidades está incluída a viaxe en autobús e a comida nos desprazamentos.

A organización poñerá un número de teléfono de contacto permanente durante o encontro.

PROCESO DE SELECCIÓN BANDA SINFÓNICA INFANTIL DE GALICIA:

A BSIG é unha banda representativa. O seu proceso de selección non será competitivo senón que se fará seguindo os seguintes apartados:

1) Por o lugar de procedencia/residencia (facendo plural e representativa no posible á Banda Sinfónica Infantil de Galicia)

2) Por idade e nivel do curso (escola/conservatorio) que realiza

3) Por un criterio de paridade entre nenos e nenas.

4) OPCIONAL: VIDEO (*)

(*) Para a Banda Sinfónica Infantil o envío de video é opcional (non será por sí mesmo determinante para a selección final. Soamente servirá como referencia para o criterio de selección por procedencia)

Os vídeos non superarán os 5 minutos de duración, onde o/a candidato/a interprete unha obra de libre elección.

Pódense enviar ó email: bandasinfonicadegalicia@yahoo.es a través de plataformas como wetransfer, link de youtube…; ou a través de WhatsApp ó 633830540 (decindo o nome e apelidos antes do comezo da interpretación ou adxuntando esta información).

O video (ou en información adxunta) deberá incluir o nome e apelidos do/a rapaz/a correspondente, en caso contrario desestimarse a súa valoración.

As solicitudes faranse vía internet, cubrindo o seguinte formulario de pre-inscrición antes do 16 de xuño.

FORMULARIO DE SOLICITUDE PARTICIPACIÓN BSIG/BSXG 2017 (CLICK AQUI)

O proceso de selección  da Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia farase seguindo os seguintes apartados:

1) Por a gravación enviada (*)

2) Por versatilidade, no caso dos instrumentos anteriormente citados (marcar cada un deles no formulario de inscrición)

3) Por  nivel do curso (escola/conservatorio) que realiza

4) Por o lugar de procedencia/residencia (facendo plural e representativa no posible á Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia)

5) Por un criterio de paridade entre rapaces e rapazas.

(*) OBLIGATORIO: Envío de Video.

Os vídeos non superarán os 5 minutos de duración, onde o/a candidato/a interpretará unha pequena peza ou un movemento dunha obra de libre elección. (Non é necesario o acompañamento de piano).

Pódense enviar ó email: bandasinfonicadegalicia@yahoo.es a través de plataformas como wetransfer, link de youtube…; ou a través de WhatsApp ó 633830540 (decindo o nome e apelidos antes do comezo da interpretación ou adxuntando esta información).

O video (ou en información adxunta) deberá incluir o nome e apelidos do/a rapaz/a correspondente, en caso contrario desestimarse a súa valoración.

No caso da especialidade de percusión valorarase positivamente que a gravación de video conteña fragmentos tanto de parches coma de láminas.

As solicitudes faranse vía internet, cubrindo o seguinte formulario de pre-inscrición antes do 16 de xuño.

FORMULARIO DE SOLICITUDE PARTICIPACIÓN BSIG/BSXG 2017 (CLICK AQUI)

Anuncios
Esta entrada fue publicada en 2017. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s