O Plan Nacional de Bandas, a través da Asociación Nacional de Directores de Banda (ANDB) e o proxecto formativo das Bandas Sinfónicas Infantil e Xuvenil de Galicia organizan a 1ª Xornada do Taller permanente de Dirección para Xóvenes que percorrerá toda a xeografía galega.
LUGAR, DATA e Horario da 1ª Xornada:
Escola de Música de Ortigueira (A Coruña), 30 de xuño.
Horario:
10h a 13:30h e de 16:00 a 19:00h
19:00h a 20:30: Coloquio aberto sobre o Oficio de Director
DESTINATARIOS:
Alumn@s de Grado Medio e Superior de Galicia que estean interesados en coñecer o oficio de director, sendo esta a súa primeira experiencia.
PREZO:
Gratuito
PROFESORADO E PRAZAS:
Ofrécense 30 prazas, a cubrir por orde de inscricción.
O profesorado estará formado por Directores asociados á Asociación Nacional de Directores de Banda (ANDB). O número do profesorado será acorde ao número de participantes.
PRAZO DE INSCRICCIÓN:
Remata o 28 de xuño, ou ata completar as prazas ofertadas. (prazo ampliado)