O proxecto do Plan Nacional de Bandas de Música en Galicia, a través da BSIG e da BSXG, consolídase. Coa candidatura seleccionada da Agrupación Musical de O Rosal para o 2018 a xerencia da BSIG/BSXG poderá planificar o encontro con ano e medio de prazo ata a súa celebración. Para o 2018 as sedes das Bandas xa pasarán polas 4 provincias (Ortigueira, Lugo, Allariz, O Rosal), facendo así un proxecto musical e educativo o máis representativo posible.
- No mes de setembro abrirase o prazo para albergar as sedes das bandas no periodo 2018 (unha sede) e 2019 (dúas sedes).