Allariz, sede da Banda Sinfónica Infantil de Galicia (2017)

Allariz.pngA candidatura da Asociación Cultural Unión Musical de Allariz (Ourense) foi a elexida polos directores da Asociación Nacional de Directores de Banda, para albergar a Sede da BSIG 2017.

O encontro do 2017 será do 8 ó 13 de agosto e poderán participar nel nenos e nenas  galegos entre 9 a 14 anos.

A BSIG fará un tour de dous concertos na Provincia de Ourense, dos cales informaremos próximamente.

Sobre o Programa de Concerto, podemos anticipar:

  • A recuperación e divulgación de autores ourensáns
  • Unha especial homenaxe a Pascual Veiga
  • Un repertorio pedagóxico e atractivo tanto para os músicos coma o público

Os Directores da BSIG 2017

Abel Riveira  e Quique Lagares serán os novos directores da Banda. Ambos continúan así co proxecto iniciado por David Llano e Carlos Diéguez, agora na BSXG. 

Os directores galegos da ANDB foron os que seleccionaron ós dous novos directores da Banda Sinfónica Infantil de Galicia así como aos profesores/directores colaboradores en ambas bandas. (Infantil e Xuvenil)

ORTIGUEIRA: SEDE ADMINISTRATIVA

Ortigueira é a sede administrativa da ANDB en Galicia. Desde a BSIG agradecemos públicamente toda a axuda, colaboración e apoio amosado nos dous primeiros encontros para facer este proxecto educativo unha realidade.

Para ser un proxecto galego, necesita crecer e ofrecer concertos por toda a xeografía galega; razón pola cal non podíamos repetir sede por terceira vez consecutiva.

Non obstante en Ortigueira farase un Ciclo de Conferencias e Master Class organizadas pola ANDB en colaboración co Concello de Ortigueira; das que iremos informando próximamente.

Banda Sinfónica pequeño.jpg

 

Anuncios
Esta entrada fue publicada en 2017, Sin categoría. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s