A candidatura da Escola e Banda Municipal de Lugo foi a elexida polos directores da Asociación Nacional de Directores de Banda, para albergar a Sede da BSXG 2017.
O encontro do 2017 será do 1 ó 6 de agosto e poderán participar nel os rapaces galegos entre 14 a 17 anos.
A BSXG fará un tour de tres concertos, dos cales informaremos próximamente.
Sobre o Programa de Concerto, podemos anticipar:
- A recuperación e divulgación de autores lucenses como Juan Montes, Gustavo Freire ou José Lodeiro.
- O estreno de «ELA» (relato gañador do 1º Concurso de relato curto «Música, lingua e valores») de Verónica Rodríguez e música de Andrés Álvarez.
- Unha especial homenaxe a Pascual Veiga
- Unha mirada musical de «Lucus Augusti»
Os Directores da BSXG 2017
David Llano e Carlos Diéguez serán os directores da Banda. Ambos continúan así co proxecto iniciado na Banda Sinfónica Infantil de Galicia, agora na BSXG.
Os directores galegos da ANDB seleccionaron ademáis a os dous novos directores da Banda Sinfónica Infantil de Galicia así como aos profesores/directores colaboradores en ambas bandas.
ORTIGUEIRA: SEDE ADMINISTRATIVA
Ortigueira é a sede administrativa da ANDB en Galicia. Desde a BSIG agradecemos públicamente toda a axuda, colaboración e apoio amosado nos dous primeiros encontros para facer este proxecto educativo unha realidade.
Para ser un proxecto galego, necesita crecer e ofrecer concertos por toda a xeografía galega; razón pola cal non podíamos repetir sede por terceira vez consecutiva.
Non obstante en Ortigueira farase un Ciclo de Conferencias e Master Class organizadas pola ANDB en colaboración co Concello de Ortigueira; das que iremos informando próximamente.
SEDE DA BANDA SINFÓNICA INFANTIL DE GALICIA
Despois de Semana Santa faremos pública a sede da BSIG 2017 así como o nome dos novos directores da banda.