Fallo público do Xurado, 1º Concurso de relato curto «Música, lingua e valores»

O Concurso

A Asociación Nacional de Directores de Banda, a través da Banda Sinfónica Infantil e Xuvenil de Galicia, organiza este concurso para alumnos da E.S.O. dos centros educativos de Galicia.

O premio é especial e innovador: A organización encargará a un recoñecido compositor galego a musicalización do relato no formato “Narrador e Banda Sinfónica”. A partitura (máis o texto) editarase e será estreada pola Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia na súa vindeira xira 2007, no mes de agosto. Ó/Á gañador/a convidarase a participar nos ensaios e concerto de presentación da obra; no que se lle fará entrega dun diploma así como de exemplares editados da mesma. A composición distribuirase para que poida ser interpretada por todas as bandas de Galicia.

O Fallo do Xurado

REUNIDO en Ortigueira o mércores 29 de marzo do 2017 o xurado formado por Dña. Obdulia Dopico Cachán e Dña. Julia Dopico Vale; e actuando como secretario do mesmo o presidente da ANDB, D. Carlos Diéguez Beltrán:

DECIDEN por unanimidade, outorgar o premio ao relato «ELA»,  pola transmisión de valores, musicalidade do texto, reivindicación da liberdade e a amalgama de sentimentos que reflicte.

O Xurado

Obdulia Dopico Cachán: Profesora do CEIP José María Lage (Ortigueira). Recoñecida escritora, finalista por dúas veces do Concurso de novela por entregas da Voz de Galicia.

Julia Dopico Vale: Profesora do Conservatorio Profesional de Música de A Coruña. Poeta premiada en diversos concursos literarios e articulista en diversos xornais galegos. Presidenta da Asociación Cultural Brigantia, é unha persoa comprometida coa difusión da música e a literatura de Galicia.

A gañadora do Concurso e autora do Relato “ELA”

VERÓNICA RODRÍGUEZ MARTÍNEZ,  estudante de 3º da E.S.O. do C.P.I. As Mirandas de Ares (A Coruña) é a gañadora do Concurso co relato “Ela”.

 O compositor que porá a música ó relato

 Mañá farémolo público nesta web!

2

Anuncio publicitario
Esta entrada fue publicada en 2017. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s