1º Concurso de relato curto “Música, lingua e valores”

convocatorio-concurso-relatosA Asociación Nacional de Directores de Banda, a través da Banda Sinfónica Infantil e Xuvenil de Galicia, organiza este concurso para alumnos da E.S.O. dos centros educativos de Galicia.

Podes descargar as Bases e o Formulario de Participación:

CLICK AQUI

 Bases

1ª Os relatos deberán ser orixinais, inéditos,  non premiados noutros certames. Deberán estar escritos en galego, con temática libre pero no que se transmitan valores.

2ª Poderán presentarse todos os alumnos e alumnas que cursen estudos da E.S.O.  nun centro educativo de Galicia.

3ª Cada autor/a poderá presentar o número de traballos que estime oportunos.

4ª Os relatos  terán unha extensión mínima de 450 palabras e máxima de 550.

Escritos en soporte Word, letra Times New Roman de 12 puntos a dobre espazo.

5ª Enviaranse por correo electrónico a: bandasinfonicadegalicia@yahoo.es en dous arquivos:

5.1. O primeiro denominado DATOS onde remitirá cuberto o formulario de participación para o concurso.

5.2. O segundo denominado RELATO CURTO  no que figurará: – o/os relato/s – o/os título/s – o pseudónimo utilizado – 

6ª  O prazo de envío dos textos estará aberto entre o 6 de febreiro ó 20 de marzo do 2017.

7ª  A Comisión Organizadora designará un Xurado Cualificador que será quen decida sobre calquera dúbida que poidan orixinar estas BASES, sendo o seu fallo inapelable.

A deliberación do xurado darase a coñecer no mes de abril  de 2017 a través da web: http://www.bandasinfonicadegalicia.com

8ª  Establécese un único premio.

Este premio é especial e innovador e fai referencia ó lema e obxectivo deste Concurso: “Música, lingua e valores”.

A organización encargará a un/unha recoñecido/a compositor/a a musicalización do relato no formato: Narrador e Banda Sinfónica. A partitura (máis o texto) editarase e será estreada pola Banda Sinfónica Xuvenil ou Infantil de Galicia no seu vindeiro encontro.

Ó/Á gañador/a convidarase a participar nos ensaios e concerto de presentación da obra; no que se lle fará entrega dun diploma así como de exemplares editados da mesma.

9ª A obra será propiedade da entidade organizadora, polo que os autores e autoras aceptan ceder todos os seus dereitos e a corrección das faltas gramaticais e léxicas para a súa publicación.

10ª O premio poderá quedar deserto. As decisións adoptadas polo xurado serán inapelables en todos os casos.

11ª A participación neste Concurso significa a plena aceptación destas Bases.

12ª  Os datos persoais incluídos neste certame só serán coñecidos pola organización do concurso, quen garante o anonimato dos autores e autoras dos relatos durante todo o proceso de selección e deliberación do xurado e serán obxecto de tratamento automatizado no ficheiro da Asociación Nacional de Directores de Banda cuxa finalidade é a xestión e control do premio concedido polo xurado. Os seus datos persoais non serán comunicados ou cedidos a terceiros. O/A interesado/a poderá revogar o seu consentimento así como exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición no enderezo de correo: bandasinfonicadegalicia@yahoo.es

Anuncios
Esta entrada fue publicada en 2017. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s