O vindeiro domingo día 20 de novembro, Carlos Diéguez (Director artístico da Banda Sinfónica Infantil de Galicia e Presidente da Asociación Nacional de Directores de Banda) ofrecerá unha ponencia sobre o Proxecto de Recuperación e Divulgación do Patrimonio Musical de Galicia; a través do Plan Nacional de Bandas.
Unha colaboración con distintas institucións e musicólogos que fan posible a recuperación e edición de obras inéditas da música galega.
Profundizaremos na figura de Soutullo e na colaboración que fixemos coa Fundación Soutullo, Xabier Garrote, Alejo Amoedo e Javier Jurado.
As partituras inéditas podes descargalas nesta mesma entrada.
Cidra e Balancé (Obras inéditas de R. Soutullo)
A habanera Cidra, foi editada en Vigo ca. de 1910 por El Modernismo. Soutullo y Villanueva, dentro dunha colección de obras novas, para pequena banda en papeis soltos.
Coleccións que inclúen seis números cada unha que repiten a correlación dos seguintes bailes a modo de suite: pasodobre, vals, polka, mazurka, habanera e xota.
Cidra
É o Nº 5 da terceira colección, sendo os restantes os seguintes: Nº 1. El Louvre. Pasodoble. Nº 2.
El señor Pepe. Vals. Nº 3. Paquita. Polka. Nº 4. Isabelita. Mazurka. Nº 6. Pregunta por la Dolores. Jota.
DESCARGA A PARTITURA (CLICK AQUI)
Balancé
Célebre Couplet-Vals para banda por L. Rals -un dos seudónimos utilizados por Soutullo- ten o número de prancha I.A. 3210 e foi editada no mesmo papel, -dado as pequenas dimensións da obra xunto a Ven y ven y ven. Célebre Couplet-Tango para a mesma formación por Ildefonso Alier, editor con dirección en Plaza de Oriente, Nº 2, bajo. Madrid, ca. de 1912. Soutullo que era coñecedor de primeira man dos éxitos que se producían na capital, xa que desenrolaba a súa profesión nela, utilizaría material temático para obra de banda do cuplet que fora estreado e popularizado pola cupletista chamada La Goya por esa mesma data aproximadamente. É un dos cuplés máis famosos da historia e un dos temas máis coñecidos e recordados da película El último Cuplé, protagonizada por Sara Montiel no 1957.
DESCARGA A PARTITURA (CLICK AQUI)
La Fundación Soutullo y yo mismo nos sentimos muy honrados al distribuir gratuitamente y a través de nuestros amigos de la Asociación Nacional de Directores de Banda estas dos marchas procesionales del gran compositor Reveriano Soutullo.
Si en los archivos de sus bandas encontrasen obra de Soutullo les agradecería que contactasen conmigo en javier@javierjurado.com
Saludos cordiales.
Prof. Dr. Javier Jurado Luque
Baiona (Pontevedra)