NOTA DE PRENSA
Un total de 55 nenos e nenas galegos (nacidos entre o 2001 e o 2007), membros de 29 bandas de música da nosa Comunidade Autónoma foron seleccionados para formar parte da Banda Sinfónica Infantil de Galicia (2016).
A BSIG é un proxecto educativo pertencente ó Plan Nacional de Bandas de Música . Xurde coa intención de apoiar o desenrolo bandístico español; unha das manifestacións culturais de máis arraigo social e musical no noso país.
O Encontro-Xira desta agrupación levarase a cabo en Ortigueira e Mondoñedo entre o 2 e o 7 de agosto.
Está organizado pola Asociación Nacional de Directores de Banda (ANDB) e conta co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Cultura.
A súa vez colaboran os Concellos de Ortigueira e Mondoñedo, Fundación Reveriano Soutullo, Diócese Mondoñedo-Ferrol, Fundación Ortegalia, a Escola e Banda de Música de Ortigueira, Asociación Pedagóxico-Musical Marosa Jazz, Arte Metal e Aire, Federación Galega de Bandas de Música.
O Programa de Concerto destaca por ser didáctico, innovador e a súa vez que rescate e divulgue obras esquecidas do noso patrimonio.
Soarán obras inéditas de Reveriano Soutullo, o pito pastoril galego por vez primeira cunha banda (con música do Mestre Pacheco) ou o estreno dunha obra escrita por un rapaz de 13 anos, adicada á BSIG.
As partituras recuperadas editaranse e facilitaranse en formato dixital a todas as bandas e escolas de música do noso país. A parte no encontro, gravarase un documental sobre a BSIG.
Información adxunta: Bandas nas que tocan os xóvenes músicos seleccionados para a BSIG 2016.
PROVINCIA DE A CORUÑA
Xoven Banda de Narón
Banda Infantil Sementeira de Narón
Banda de Música Charamela
Banda da Escola de Música de Ortigueira
Banda de Música de Ortigueira
Banda Xuvenil das Pontes de García Rodríguez
Banda do Conservatorio das Pontes de García Rodríguez
Banda de Música Oza-Cesuras
Banda Municipal de Betanzos
Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla
Banda de Música da S. R. de San Xoán de Calo
Banda Infantil de Arzúa
Banda Municipal de Música de Brión
Banda de Música Magariños
Banda Xuvenil Santiago de Arteixo
Banda de Música Santiago de Arteixo
PROVINCIA DE LUGO
Banda Municipal de Música de Foz
Banda da Escola Municipal de Música de Foz
Banda de Música de Sarria
PROVINCIA DE OURENSE
Banda da Escola de Música de Trasmiras
PROVINCIA DE PONTEVEDRA
Banda Escola de Música de Beade
Banda de Lalín
Banda Xuvenil de Lalín
Banda de Música Unión de Lantaño
Banda Municipal da Estrada
CONSERVATORIOS ESTATAIS DE GALICIA
Peque-banda Cmus Xan Viaño (Ferrol)
Banda Xuvenil do CMUS de Coruña
Banda do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela