Marosa Jazz Project no encontro da BSIG

miembos del grupoO grupo de latin-jazz burelés Marosa Jazz Project ofrecerá unha masterclass e un Concerto para os membros da BSIG.

O concerto, aberto e gratuito, terá lugar o xoves 4 de agosto ás 22:30h. no Xardín do Claustro do Concello de Ortigueira; estando organizado o mesmo polo Concello de Ortigueira.

O grupo de latin-jazz burelés Marosa Jazz Project dáse a coñecer en Xullo de 2008 durante a celebración do “I Seminario de Jazz e Música Moderna de Burela”. Se ben no seu inicio o estilo era máis ben ecléctico, rápidamente o latin-jazz consolídase como a identidade estilística definitiva e característica da formación. A isto hai que engadir a instrumentación pouco ususal do cuarteto orixinal, formado por saxofón alto (Roberto Bouça), vibráfono (Israel Arranz), baixo eléctrico (Mario Arranz) e batería (Eusebio López).

Baixo o liderazgo de Israel Arranz (primeiro galego e español en tocar e dar clase no Festival Europeo de Vibráfono) a formación participa en numerosos ciclos de concertos didácticos (Museo de Arte Contemporáneo de Unión Fenosa, Museos Provinciais de Lugo…) e Festivais de Jazz (VII Festival de Jazz “Imaxinasons” de Vigo, “I Festival de Jazz de Castropol”, “I, II, III, IV, V e VI Seminario de Jazz e Música Moderna de Burela”, “I Festival de Jazz de Ribadeo”…), ademáis de contar coa colaboración de músicos como Javier Constenla, José Nine, Roberto Pacheco, Miguel Cabana, Dimitris Angelakis, Rubén Montes, Miguel Lamas…

Por outra banda, a formación gaña diferentes concursos, destacando o Premio do Público en 2011 do “1º Concurso de Maquetas Musicales de Jazz-Fusión” organizado a nivel de toda España por FNAC e Fundación Paideia, finalistas no “I Festival de Jazz de Castropol”, etc..

En 2011 a formación presenta o seu primeiro traballo discográfico, titulado “MJP”. Recentemente, veñen de publicar o seu segundo traballo discográfico “LÉMBRAME”, incluíndo unha reseña de Christos Rafalides (vibrafonista neoiorquino de orixe grego, considerado o vibrafonista de latin-jazz máis destacado do panorama internacional actual). Neste último proxecto tamén os temas son orixinais, compostos polo seu líder, Israel Arranz, mais a formación pasa de ser un cuarteto a un sexteto e conta con artistas convidados como Silvia Rozas, Pablo Añón, Dimitris Angelakis, Miguel Cabana e Roi Adrio.

O sexteto actual está composto por Roberto Bouça (saxos alto & tenor), Bruno Valle (trombón), Israel Arranz (vibráfono), Mario Arranz (contrabaixo), Rubén Montes (congas) e Christian Delgado (batería).

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s