O Pito Pastoril Galego, solista ca BSIG

pitosO Pito Pastoril Galego foi un instrumento de pasatempo pastoril. A súa construcción é similar a de unha frauta de bico barroca; a técnica, o rexistro e a articulación da frauta mestúranse coa dixitación, ornamentación e afinación da gaita galega. É un instrumento que estivo a piques de desaparecer.

Basilio Carril e Paulino Pérez foron os primeiros constructores coñecidos ou claramente documentados que os fabricaban, tradicionalmente en Mi. Seguindo o modelo de Basilio Carril, Antón Corral retomou en Ortigueira a súa construcción, coa incorporación da tonalidade de Re. O artesán Miguel Mosquera ampliou a tonalidade a Do, Sib, Sol Contralto e Re Tenor.

Grazas a colaboración da Dióceses Mondoñedo-Ferrol e de D. Enrique Cal Pardo (In memoriam) estivemos traballando no Arquivo da Catedral de Mondoñedo para divulgar a obra do Mestre Pacheco, das que editaremos as partituras dende a ANDB.

O solista de Pito Galego será Efraím Díaz, quen ademáis impartirá unha conferencia aberta o venres 5 de agosto na Fundación Ortegalia (Ortigueira).

efraimEfraím Díaz nace en Lugo en 1980, aos 8 anos comeza os seus estudios de gaita galega, frauta e percusión galega co seu pai Cándido Díaz. Ten pasado por moitos estilos musicais coma percusionista, Folk, Latin Jazz, Trash Metal, Tecno, Hip-hop, Clásica e Contemporánea. Titulado Profesional e Superior de Percusión e titulado Profesional de Gaita. Becado pola Fundación Caixa Galicia para grabar o su primeiro disco como percusionista solista “Viaje por Kallaikía” en 2008. Recentemente publica o seu segundo  disco como solista: “Pito Galego”. Ten exercido a súa labor docente en diversas Escolas de Música e en Conservatorios da provincia de Lugo e Coruña dende o ano 1997. É músico da Banda Municipal de Lugo e profesor da Escola Municipal de Música de Lugo, onde imparte entre outras materias pito pastoril galego, gaita e percusión.

Anuncio publicitario
Esta entrada fue publicada en BSIG 2016. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s