O Encontro Musical terá lugar entre os días 2 e o 7 de Agosto, na Escola de Música de Ortigueira e contará con máis novidades respecto ao encontro fundacional.
Este ano haberá dous concertos: os días 6 (Mondoñedo) e 7 (Ortigueira), así como profesores colaboradores, monitor de tempo libre, excursións, masterclass, concertos de grupos invitados,…
Toda a información irémola facendo pública no periodo de pre-inscrición.
Consulta o organigrama da BSIG: facendo Click Aquí
Consulta o proxecto educativo e obxetivos da BSIG: facendo Click Aquí
Hai tres modalidades de participación:
- a) Asistencia ao Encontro Musical
- b) Asistencia ao Encontro Musical + Xantar
- c) Asistencia ao Encontro Musical + Pensión Completa
A Escola de Música conta con literas así como duchas, para a Modalidade C. Os almorzos faranse na Escola e o Xantar e Cea nun restaurante próximo. O Encontro conta cun seguro de responsabilidade civil e outro de accidentes para tódolos participantes.
Quen pode formar parte da Banda Sinfónica Infantil de Galicia (BSIG)?
Poderán formar parte dela nenos e nenas galegos ou con residencia en Galicia, nados entre o 2007 e 2001. A Banda Sinfónica Infantil estará formada en torno os 60 compoñentes (frautín, frauta, óboe, fagot, requinto, clarinete, clarinete baixo, saxofón soprano, saxofón alto, saxofón tenor, saxofón barítono, fliscorno, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba, violoncello, contrabaixo, percusión e piano).
O proceso de selección non será competitivo senón que se fará seguindo os seguintes apartados:
1) Por idade e nivel do curso (escola/conservatorio) que realiza
2) Por o lugar de procedencia/residencia (facendo plural e representativa no posible á Banda Sinfónica Infantil de Galicia)
3) Por un criterio de paridade entre nenos e nenas.
As solicitudes faranse por internet, cubrindo o formulario de pre-inscrición:
FORMULARIO DE PRE-INSCRICIÓN (CLICK AQUÍ)
O prazo para presentar a solicitude remata o día 26 de Xuño. Entre o 27 de xuño e o 1 de Xullo confirmarase con tódolos solicitantes a Participación no Encontro Musical; abríndose un prazo de quince días para formalizar a matricula e envío da Autorización para participar dos Pais/Titores.
Para contactar coa BSIG, ver enderezo e teléfono na sección –Sede- (Enderezo e Contacto)
Tocar en Banda
O obxectivo do Encontro xira en torno a ofrecer unha ensinanza de calidade, ca metodoloxía do Plan Nacional de Bandas; cun claro concepto educativo e onde os valores de que ofrece a banda como formación integral dunha persoa (compañeirismo, traballo en equipo, convivencia, disciplina, responsabilidade,…) sirvan para podelos aplicar no día a día, na nosa sociedade.