DOCUMENTAL e CONCERTO da BSG (Música e Valores 2019)

Durante este Nadal poderemos desfrutar da Banda Sinfónica de Galicia (BSG) a través do Documental e Concerto da xira 2019 titulada «Música e Valores».

A estrea do Documental será o venres 27 de Decembro ás 20h.

A estrea do Concerto será o venres 3 de Xaneiro ás 20h.

Podes ver os videos en Youtube, ben en directo na estrea (onde poderás chatear e interactuar durante a retransmisión) ou en diferido xa que o material quedará a vosa disposición en Youtube.

Dende o staff da BSG queremos desexarvos un BO NADAL e Próspero Ano Novo, cheo de moita música!

Canle en Youtube: PLAN NACIONAL DE BANDAS

 

Publicado en 2019 | Deja un comentario

Os premiados do concurso «Proxectando Sons» actuaron como Solistas ca BSG

piccolo music. concurso bsg

Na Xira 2019 da Banda Sinfónica de Galicia, os artistas convidados foron dous mozos galegos premiados no concurso de solistas «Proxectando Sons». A primeira fase tivo lugar no Teatro de Beneficencia no mes de xuño, e nesta segunda os músicos tiveron que actuar nos Auditorios de Ribadeo, Sober e Ortigueira.

Dende a BSG, agradeceos o patrocinio da tenda musical Piccolo Music Store (A Coruña), a cal patrocina con cheques regalo este concurso.

Publicado en 2019, Sin categoría | Deja un comentario